Arte que transforma

Crear para reconstruír, expresar para avanzar

A Caixa das Artes converte a creación visual nun camiño de rehabilitación, benestar emocional e crecemento persoal.

Arte que transforma

A Caixa das Artes é un programa de fomento das artes visuais (en concreto Pintura, Debuxo, Escultura e Fotografía) como canles de expresión, mellora da autoestima e axuda ao crecemento persoal dirixido a persoas en situación de vulnerabilidade, usuarios de centros de acollida e/ou en tratamento por adiccións.

O obxectivo é axudar na rehabilitación a través da creación artística, posicionando a arte como ferramenta de transformación persoal que permite unha mellora da autoestima e do benestar emocional das persoas en risco ou situación de marxinalidade. O programa, impulsado pola FGCN, é posible grazas ao apoio da Deputación de Pontevedra.

Rehabilitación e empoderamento persoal a través das artes

A Caixa das Artes é ante todo unha ferramenta de transformación persoal que opera a través da realización de actividades, obxectos e experiencias artísticas. Busca axudar na rehabilitación destas persoas a través da creación artística, para o que se fomenta a súa participación en actividades plásticas coa colaboración de educadores e técnicos de entidades sociais, unidades de drogodependencias e centros de acollida.

O programa se sustenta na denominada Caixa das Artes, un dispositivo móvil que viaxa de forma itinerante por distintos centros contendo diversos materiais para o fomento da actividades plásticas e finaliza cunha exposición conxunta das obras realizadas polos participantes dos distintos centros de asistencia e terapia.

Poboación obxectivo e territorio de actuación

A Caixa das Artes entende a creación artística como unha ferramenta de acompañamento, rehabilitación e transformación persoal. A través da pintura, o debuxo, a escultura e a fotografía, o programa ofrece ás persoas en situación de vulnerabilidade un espazo seguro no que explorar ideas, emocións e capacidades propias.

As actividades, desenvolvidas coa colaboración de educadores, profesionais sociais e centros de atención, favorecen o benestar e a participación. Dirixido a persoas vulnerables, usuarios de centros de acollida e tratamento de adiccións da provincia de Pontevedra.

Obxectivos do programa

Crear, compartir e medrar a través da arte

Reforzar a autoestima

Poñer en valor as capacidades de cada participante mediante obras e experiencias creativas propias.

Mellorar as habilidades sociais

Favorecer a escoita, a colaboración e o respecto mutuo nos procesos artísticos en grupo.

Construír convivencia

Crear espazos de encontro onde compartir experiencias e relacionarse desde a confianza e a inclusión.

Reducir o estrés

Canalizar tensións e emocións a través da práctica artística, promovendo momentos de calma e concentración.

Coidar o benestar emocional

Facilitar recursos de expresión que axuden a identificar, comunicar e xestionar vivencias persoais.

Impulsar a integración social

Promover a participación cultural e actividades de lecer saudables que reforcen o vínculo coa comunidade.

Próximas exposicións

Mostras en preparación

Unha selección das obras realizadas nos centros participantes verá a luz en espazos públicos da provincia, compartindo coa comunidade procesos creativos cheos de significado.

Próximas datas por anunciar

Entrada libre